ACEGA presentou o seu novo receitario “ Receitas Sen Glute con moito gusto”

A Asociación de Celíacos de Galicia (ACEGA) presentou o seu novo Receitario de Cociña onte 23 de novembro as 19.00 horas no Hotel “ Oca Puerta del Camino” en Santiago de
Compostela, na que ademais da Xunta Directiva de ACEGA, estiveron presentes todo o equipo participante do receitario, algúns dos establecementos participantes como Chiringuito los Pinares ou Ecogalletas e varios dos Chefs de OCA Hotels, como Gerson Iglesias, Miguel Sande e Pablo Vila, Director de Alimentación e Bebidas de OCA Hotels.

Publicidade


Foi unha presentación onde interviu a Presidenta Gloria Bernárdez, dando as gracias e a
implicación de todos en dito receitario e indicando a importancia que esta publicación supón para todos os soci@s de ACEGA, acto seguido interviu Dámaris Gago, unha das artistas do receitario, xa que a maior parte das receitas que nel se inclúen son obra dela, contounos un pouco a sua experiencia a nivel persoal sendo nai de nenos celíacos e o avance de algunhas receitas despois de moita proba- erro o longo dos anos e por último interviu , Pablo Vila, Director de Alimentación e Bebidas de OCA Hotels, o cal escribiu un dos prólogos do libro. Na sua intervención, destacou a importancia de que todos debemos estar concienciados de que cada día a celiaquía é unha das enfermidades mais presentes entre a sociedade e destacou a importancia de que os establecementos estean preparados para ofrecer menús sen glute seguros para o colectivo celíaco, que dende a asociación podemos facilitar a través do “Proxecto de Restauración En Galicia sen Glute”

Dende a Asociación mostran a gran satisfacción e emoción con dito proxecto, xa que é algo innovador e feito con moito mimo para todos os soci@s de ACEGA e onde ademais do Concello de Ferrol e Oca Hotels, colaboraron grandes marcas comerciais como son Carretilla, Schar, Airos, Torre de Núñez e Gullón, as cales estiveron moi presentes xa que sen elas este proxecto non houbese podido ver a luz