O concello de Punxín busca xuíz de paz titular e substituto

IES CHAMOSO LAMAS

Por estar próximos a finalizar os mandatos dos xuíces de paz titular e substituto do Concello de Punxín e para cumprir ca Lei orgánica do poder xudicial, publícase hoxe a convocatoria para a elección de xuíz de paz titular e xuíz de paz substituto. As solicitudes presentaranse nas oficinas municipais durante o prazo de 10 días hábiles. Poderán participar todos os cidadáns que sexan españois, maiores de idade e que non estean incursos en ningunha causa de incapacidade e incompatibilidade para o desenvolvemento das función xudiciais. Terán que achegar a certificación de nacemento ou fotocopia compulsada do DNI, certificación expedida polo Rexistro Central de Penados e Rebeldes sobre se “se atopa inculpado o procesado” e calquera outro documento acreditativo dos méritos ou títulos.