Un alumno do Sagrado Corazón, entre os vinte premiados a excelencia en Secundaria

O Diario Oficial de Galicia publicou onte a concesión dos premios de educación secundaria obrigatoria ó esforzo e á superación persoal correspondentes ó pasado curso 2020/2021. Os premiados foron un total de vinte mozos galegos, entre eles un estudante do CPR Plurilingüe Sagrado Corazón do Carballiño. O premio, ademáis do recoñecemento, supón unha contía económica de 800 euros.

O obxectivo desta convocatoria é recoñecer ós alumnos e alumnas que requeriron un maior esforzo e dedicación para superar dificultades, de carácter persoal, educativas ou de contorna familiar e socioculturais e superar os estudos de Educación Secundaria Obrigatoria.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os destinatarios son o alumnado que finalizara os seus estudos de Educación Secundaria Obligatoria nun centro da Comunidad Autónoma de Galicia.