Afaor informa dos talleres fronte o alzheimer no Carballiño

O mes de setembro celébrase o Mes Mundial do Alzheimer, unha data que axuda a achegar e sensibilizar á sociedade sobre esta enfermidade, que se considera unha das epidemias deste século. Este ano, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Ourense, Afaor, quere facer fincapé na importancia da prevención e o diagnóstico precoz para proporcionar aos pacientes calidade de vida.

Publicidade

Hoxe estiveron no Carballiño explicando a súa labor e difundido información entre a veciñanza.

Esta entidade desenvolve en colaboración co Departamento de Benestar Social, talleres sobre estimulación e prevención do deterioro cognitivo. A actividade ten unha gran acollida veciñal e desenvólvese os martes e xoves pola mañá nas instalacións de Bo Día Familia. Para obter máis información poden poñerse en contacto co departamento de Servizos Sociais.

A traballadora social de Afaor explicounos máis polo miúdo o traballo que se realiza nestes talleres.