Loitar Saben: historias pasadas en primeira persoa

IES CHAMOSO LAMAS

O pasado domingo 6 de febreiro a Revista de Historia e Cultura Mazarelos estreou a serie documental Loitar Saben. O título elixido, igual cun dos versos finais dun poemas da obra Follas Novas de Rosalía de Castro, adianta que o que lle amosará ao espectador é unha historia de mulleres. E ao igual que a poeta, a pretensión principal do documentario, dividido en dous episodios, é amosar a capacidade superación no eido do traballo e no crecemento destas, dando como resultado a evolución e a condición de transgresor o seu día a día. 

Móstranse os dous escenarios principais, distanciados polos aproximadamente 200 quilómetros que separan as mulleres de Fisterra das de Loiba. Estes dous puntos da xeografía galega recollen os espazos de labor mais tamén os de lecer que se gravaron na memoria destas mulleres. Os anos de esforzo refléxanse agora nas súas facianas dun xeito diferente ao facer o exercicio de recordar. Loitaron de formas ben diferentes pero conectadas na perseveranza e polo acompañamento das súas compañeiras.

HIPER MASIDE

En Fisterra, un grupo de cinco veciñas dan a coñecer como era un día de traballo na súa vida cotiá. A súas xornadas estaban marcadas polas tarefas domésticas e de coidados pero tamén sempre cun ollo no mar, o cal era o principal sustento que tiñan, vendendo os produtos que este lles ofrecía. Con el desenvolveron unha relación de comunicación pero tamén de prudencia. Palabras como “valume”, “halar” ou “romaría” entre outras marcaron esta rutina e a súa identidade como mulleres traballadoras no rural. 

Mentres en Loiba (Ortigueira), unhas nenas agora mulleres, a finais dos anos oitenta formaron equipo. O que comezou como un xogo inocente de fútbol, supuxo un precedente para a contorna ao ser un dos primeiros equipos femininos da zona. Malia que a experiencia durou pouco tempo, axudou de forma significativa a crebar cos estereotipos de xénero. Gárdase unha reflexión sobre o despoboamento que a día de hoxe no rural galego e que dificulta a posibilidade de retomar o proxecto tornando case imposible ante a falta de nenas.

“¡Que vivan, pois loitar saben!” clamaba Rosalía e desexa este audiovisual no resgardo da importancia da oralidade. Loitar Saben xa está a disposición dos que queiran velo, tanto na páxina web da revista e na súa canle de YouTube. 

O traballo foi realizado ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021-2022 da Xunta de Galicia.

Loitar saben: Fisterra

Loitar saben: Loiba feminino