O Carballiño mantén 34 casos activos, a mesma cifra ca onte

Publicidade ASPADISI

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid, a comarca do Carballiño baixa hoxe ata os 46 contaxiados (1 menos ca onte ). A capitalidade da comarca rexistra a mesma cifra ca onte, establecéndose nos 34 casos. Boborás mantén os cinco positivos. Maside mantén tres casos activos e Beariz e San Cristovo de Cea manteñen un caso cada un deles. Piñor conta hoxe con dous casos, un máis ca onte. O Irixo, Punxín e San Amaro están libres de covid.