Ourense, sede do Congreso Internacional de Turismo Termal de 2022

Publicidade ASPADISI

O firme impulso de Manuel Baltar á candidatura da capital, na súa condición de presidente da Asociación Europea de Cidades Históricas Termais ( EHTTA) e como presidente da Deputación, determinou unha elección que “é todo un premio ao termalismo europeo”

Ante a 24ª Asemblea Xeral da Organización Mundial do Turismo (OMT) que se celebra en Madrid, Baltar cualificou este evento, previsto para finais de 2022, como “unha incrible oportunidade para dar visibilidade internacional á nosa provincia no contexto do ano Xacobeo 2021-2022, coincidindo coa celebración dos 200 anos de historia da Deputación e un fito histórico como a chegada da alta velocidade”

A aceptación da proposta de EHTTA para participar, a través do citado congreso, no programa de traballo da OMT de 2022, “permitiranos colaborar con expertos en turismo global poñendo o foco na importancia das cidades termais como espazos de saúde, e en como o turismo termal pode contribuír á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU”.

HIPER MASIDE

Ourense será a sede do Congreso Internacional de Turismo Termal que se celebrará a finais de setembro de 2022, grazas ao firme impulso de Manuel Baltar á candidatura da capital na súa condición de presidente da Asociación Europea de Cidades Históricas Termais ( EHTTA) e ao mesmo tempo como presidente da Deputación, o cal determinou unha designación que “é todo un premio ao termalismo europeo”.

Manuel Baltar, en calidade de presidente de EHTTA, defendeu #ante a 24ª Asemblea Xeral da Organización Mundial do Turismo (OMT), que se celebra desde hoxe e ata o 3 de decembro en Madrid, unha candidatura que definiu como “unha incrible oportunidade para dar visibilidade internacional á nosa provincia no contexto do ano Xacobeo 2021-2022, coincidindo coa celebración dos 200 anos de historia da Deputación e un fito histórico como a chegada da alta velocidade”.

Durante a súa intervención no encontro máis importante do sector turístico a nivel mundial, Manuel Baltar agradeceu a elección da proposta de EHTTA para participar, a través do citado congreso, no programa de traballo da Organización Mundial do Turismo de 2022, “o que nos permitirá colaborar con expertos en turismo global poñendo o foco na importancia das cidades termais como espazos de saúde, e en como o turismo termal pode contribuír á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU”.

A iniciativa agora seleccionada, explicou, “foi presentada en outubro pasado pola Asociación de Cidades Históricas Termais, como membro afiliado da OMT, en resposta á petición de propostas desta organización para o seu programa de actividades do próximo ano, e agora coa súa participación poderemos fortalecer a cooperación entre todos os membros e impulsar a súa visibilidade internacional”.

En EHTTA, engadiu, “estamos encantados de poder celebrar este emocionante congreso en Ourense, polo que quero agradecer esta gran honra ao secretario xeral da Organización Mundial do Turismo de Nacións Unidas, Zurab Pololikashvili”. Un evento que, ademais, “será o primeiro que se realice no contexto do Memorando de Entendemento asinado entre a OMT e o Instituto Europeo de Itinerarios Culturais”.

Unha candidatura con catro eixos

Manuel Baltar centrou a defensa da candidatura de Ourense como sede do Congreso Internacional de Turismo Termal ao redor de catro eixos. “Para EHTTA é perfecto -sinalou en primeiro lugar- pois as cidades termais en Europa poden ofrecer exactamente o que se necesita despois da pandemia: tratamentos de auga termal para a saúde e a relaxación, unha contorna histórica impresionante, unha arquitectura incrible, eventos culturais e extensas zonas naturais”. Durante séculos, engadiu, “brindaron a benvida aos viaxeiros como, poderiamos considerar, algúns dos primeiros destinos de turismo masivo no mundo, e agora o congreso internacional será unha gran oportunidade para dar a coñecer o atractivo perdurable destas cidades aos futuros viaxeiros”.

Xusto a tempo para 2022, “o tren de alta velocidade conectará Ourense con Madrid, mellorando enormemente os tempos de viaxe á capital”, destacou en segundo lugar. Moitas cidades termais de Europa foron as primeiras en conectarse á rede ferroviaria, “e as viaxes en tren, que son un medio de transporte sostible, intelixente e seguro, xa están fortemente asociados co turismo termal”, vínculos que tamén se poderán analizar na cita do próximo ano.

O Xacobeo 2021-2022 tamén é, para Manuel Baltar, outro aspecto destacable na elección de Ourense como sede do congreso, “pois a provincia está atravesada por dúas dos roteiros oficiais a Compostela: o Camiño de Inverno e a Vía da Prata”. O enorme interese que espertou o Camiño de Santiago “demostrou a alta capacidade deste Roteiro Cultural do Consello de Europa para diversificar a oferta, distribuír os fluxos turísticos e dinamizar as economías rurais”. Por iso é polo que o territorio ourensán, apuntou, “sexa o lugar perfecto para estudar novos produtos de turismo termal sostible e, en particular, os que conectan o Roteiro Europeo dos Pobos Históricos Termais con outros Roteiros Culturais do Consello de Europa”.

Ademais, subliñou o presidente de EHTTA e presidente provincial, en 2022 cúmprese o bicentenario da Deputación de Ourense, “cuxo goberno mantén un forte compromiso co termalismo como medio para o desenvolvemento sostible”.

O turismo termal, concluíu, “é unha ferramenta poderosa para contribuír a salvagardar o patrimonio cultural e natural do mundo, así como para proporcionar beneficios socioeconómicos, incluída a revitalización das zonas rurais e a creación de emprego estable e oportunidades de xeración de ingresos”.

O Congreso Internacional de Turismo Termal ten senllos antecedentes en Galicia: o evento celebrado en Mondariz en 1999 e organizado pola Organización Mundial do Turismo, Tourspain e a Xunta de Galicia (membro asociado de EHTTA), e o celebrado en Ourense en 2011, organizado polos mesmos socios en colaboración co Concello e a Deputación de Ourense.

Tras concluír a sesión desta tarde, Manuel Baltar deixou constancia de que a elección de Ourense como sede do congreso “supón o cumprimento dunha máis das propostas presentadas pola presidencia durante o pasado debate do estado da provincia, o que demostra así a validez destas convocatorias para formular iniciativas que axuden a desenvolver a nosa visión integral de provincia”.