I O acto de apertura, terá lugar mañá, xoves 25 de novembro, ás 10.00 h, no Concello de Barbadás
I Esta exposición enmárcase no proxecto «Corrente cultural» que propicia a colaboración entre o Concello de Barbadás, ABANCA e Afundación
01.12.2021. A Sala de Exposicións da Casa da Cultura Manuel María de Barbadás (rúa San Bernabé, 3, A Valenzá, Barbadás) acollerá desde mañá, xoves 2 de decembro ás 12.30 h, a exposición «Fillos do océano», un proxecto fotográfico de Javier Teniente. Esta iniciativa é posible grazas á colaboración entre o Concello de Barbadás, ABANCA e Afundación. No acto estarán Xosé Carlos Valcárcel Doval, alcalde de Barbadás; Marga Pérez Fernández, concelleira de Educación, Cultura e Comercio de Barbadás; Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense; e Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo.
As comunidades de pescadores artesanais de todo o mundo, así como as mulleres e homes que viven por e para o mar, son as protagonistas deste proxecto que reúne imaxes únicas de Galicia ou Andalucía e de outros países como Senegal, Nicaragua, India, Sri Lanka, Brasil, Panamá, Madagascar, Vietnam, Noruega ou Indonesia. A mostra, de entrada libre e de balde, poderase contemplar Sala de Exposicións da Casa da Cultura Manuel María de Barbadás ata o 2 de xaneiro de 2022, en horario de luns a venres de 08.30 a 14.30 horas e de 16.00 a 20.00 horas.
Esta colaboración é parte do proxecto «Corrente cultural», que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística alén das súas sedes e trasladándoa ás vilas galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade.
Evento | Apertura da mostra «Fillos do Océano» |
Lugar | Sala de Exposicións da Casa da Cultura Manuel María de Barbadás (rúa San Bernabé, 3, A Valenzá, Barbadás) |
Data e hora | Xoves, 2 de decembro, 12.30 h |
Asistentes | Xosé Carlos Valcárcel Doval, alcalde de Barbadás Marga Pérez Fernández, concelleira de Educación, Cultura e Comercio de Barbadás Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo |