O Carballiño rompe a tendencia á baixa, subindo un caso ata os 110 contaxiados

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A comarca do Carballiño rexistra hoxe 152 contaxiados. A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, sobe un caso ata os 110 casos activos. Maside baixa un caso ata os 16 casos. San Cristovo de Cea baixa un caso ata os 9 contaxios. Beariz conta con 6 contaxios e Boborás ata os 4 casos, mesma cifra que mantén O Irixo. Piñor, Punxín e San Amaro contan cun caso activo cada un.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

No Ribeiro, Ribadavia sobe tres casos ata os 44 contaxiados. Carballeda de Avia sobre seis contaxios ata os 23 casos activos. Melón baixa ós 13 casos activos. Cenlle baixa ós 8 casos. Leiro sobe ós nove casos. Castrelo de Miño mantén cinco casos. Cortegada e conta con catro casos. Avión e Beade contan con tres casos cada un e Arnoia queda libre de covid.

A comunidade galega rexistra hoxe 873 contaxios, un ritmo de novos positivos que descende levemente. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 12.692. A ocupación das camas dos hospitais increméntase. Do total de pacientes positivos en Galicia, 52 (+3) están en UCI e 241 (-2) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 119 contaxios novos, case a metade ca onte, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 2.754 casos activos. Os hospitais hoxe presentan 56 (+1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 5 (-2)  na UCI.