A Deputación de Ourense asina un convenio de colaboración co Ministerio de Facenda para a xestión catastral en 39 concellos

IES CHAMOSO LAMAS

A institución provincial asume una serie de funcións que inclúen a tramitación dos expedientes de alteracións de orde xurídico, físico e económico relativos a bens inmobles rústicos e urbanos, ademais de encargarse entre outros traballos da asistencia ao contribuínte e notificacións 

Manuel Baltar, que enmarcou o documento “nun contexto de máxima cooperación coa administración xeral do Estado”, afirmou que con este paso “amosamos a capacidade e a utilidade  da Deputación para prestar, con vocación de excelencia, o mellor servizo público á veciñanza” 

HIPER MASIDE

Ourense, 18 de decembro de 2021.- A Deputación de Ourense colaborará co Ministerio de Facenda na xestión catastral de 39 concellos da provincia para a tramitación de expedientes, actualizacións catastrais, atención ao público e notificacións, segundo recolle o convenio asinado no Pazo Provincial polo presidente, Manuel Baltar, e o director xeral do Catastro, Fernando de Aragón Amunárriz, e que vén de substituír ao acordo aínda vixente que data de 1999. 

Manuel Baltar enmarcou o convenio “nun contexto de máxima cooperación coa administración xeral do Estado, como estamos a facer con outros proxectos nos ámbitos turístico, termal e de emprego, e nunha especial relación de colaboración co director xeral do Catastro e o seu equipo que, logo de meses de xestións, desembocou na sinatura deste documento”. 

Con este paso, dixo, “amosamos a capacidade e a utilidade  da Deputación para prestar, con vocación de excelencia, o mellor servizo público á veciñanza, que é o obxectivo prioritario da nosa acción de goberno”, ademais de fortalecer a posición da institución provincial como concello de concellos e defensora desa visión integral de provincia que forma parte do noso ADN”. 

Coa sinatura deste convenio, a Deputación de Ourense asume una serie de funcións que inclúen a tramitación dos expedientes de alteracións de orde xurídico, físico e económico relativos a bens inmobles rústicos e urbanos, facéndose cargo da recepción de declaracións, comprobación da documentación presentada, solicitudes de baixa, formalización de requirimentos, colaboración na resolución de recursos e actualización cartográfica. 

Entre outros traballos, a Deputación de Ourense tamén se encargará da asistencia ao contribuínte e das notificacións relacionadas coa tramitación dos procedementos, ademais de poñer en marcha un servizo de recepción e atención ás incidencias e suxestións que presenten os cidadáns. 

Para as actualizacións das descricións catastrais dos inmobles e a súa visualización, o documento inclúe como novidade o uso dunha plataforma cartográfica denominada mapa de xestión, que reflectirá as alteracións detectadas e información sobre a o momento de tramitación na que se atopen. 

O acordo, que terá una duración inicial dun ano prorrogándose por períodos sucesivos ata a renuncia por algunha das partes, inclúe ademais o compromiso de desenvolver accións formativas relacionadas coas actividades de información e atención ao público, así como unhas xornadas anuais de actualización, normativa e unificación de criterios destinadas ao persoal da Deputación que se encargue dos traballos reflectidos neste convenio. Á súa vez, a institución provincial poderá utilizar os últimos avances tecnolóxicos para unha axeitado acceso aos sistemas informáticos da Dirección Xeral do Catastro, con fin de incorporar as xestións que realice.