Cinco mulleres e dez homes participan no curso de soldadura do concello do Carballiño

O Concello de Carballiño a través da Concellería de Industria, Emprego e Dinamización Turística, está a desenvolver un curso de Soldadura MIG-MAG co obxectivo de dar cobertura ás necesidades de formación e reciclaxe profesional detectadas dende o Servizo de Orientación Laboral deste concello e á demanda das empresas de profesionais cualificados no sector do metal.

A acción formativa ten como obxectivo principal mellorar a empregabilidade e capacitar á poboación activa do municipio que queira acceder ao eido industrial, sendo este sector económico o que xera máis  emprego na Comarca do Carballiño.

AVANTAR ACTIVIDADES

Por todo isto, dende o Concello apóstase pola formación para o emprego como ferramenta fundamental para mellorar as oportunidades de acceso ao mercado laboral cubrindo as demandas do sector produtivo e promovendo a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

O pasado 29 de novembro deu comenzo o curso de Soldadura MIG-MAG impartido pola empresa Quick Up, especializada en formación industrial para o emprego, que conta ca colaboración de Gri Towers, ó facerse cargo dita empresa do gasto dos consumibles durante o curso.

O curso ten unha duración de 200 horas e inclúe 80 horas de prácticas en diferentes profesións ligadas á soldadura que se desenvolven nas instalación de Gri Towers no Polígono Industrial do Carballiño. Ademais, a empresa xa adiantou o seu compromiso de contratar a unha boa parte do alumnado, unha boa nova que pon de manifesto o éxito desta acción formativa.

Esta iniciativa rematará a finais de xaneiro, con 5 mulleres e 10 homes que terán adquirido coñecementos e competencias para o desenvolvemento dunha nova profesión apostando polo seu reciclaxe profesional.