A hostalaría acolle con éxito poder participar no concurso de escaparates de Nadal

O Concello do Carballiño presenta o resultado do Concurso de decoración de Nadal 2021.

Comercio

1º Floristería Flor de Lis

2º Estanco nº5

3º Ebano

Falamos hoxe co gañador, ca florería Flor de Lis, sobre a súa inspiración para esta decoración.

Hostalaría

1º Ernesto Patio Bar

2º Cafetería Roraima

3º Café Bar Castor

E tamén quixemos falar co primeiro desta categoría, sobre o traballo que hai detrás destas decoracións, algunhas delas cedidas para levarnos tamén a recordos felices do pasado.

Ademais, recordamos que este é o primeiro ano que a hostalaría pode participar neste concurso, algo que tivo moi boa acollida.

Ten como finalidade premiar o esforzo e o traballo que realizan os comerciantes e hostaleiros para atraer aos seus clientes. Poderán participar todos os establecementos comerciais e hostaleiros do municipio, sen limitación de número ou de espazos e sen ningunha distinción por razón da súa actividade. 

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------