O bono comercio “O Carballiño contigo” poderá consumirse ata o venres día 31 de decembro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Tras asinar un novo convenio de colaboración entre a Área de Promoción Económica do Concello de O Carballiño e a Asociación Carballiño Centro Comercial Aberto, o programa de tarxetas bono “O Carballiño Contigo” reactivouse neste final de ano, volvendo a ser un éxito total.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Para esta ocasión, contouse cun importe de 40.000 € e non se distribuíron tarxetas novas se non que se recargaron con 50 euros un total de 1.520, para consumir nos máis de 160 establecementos que están adheridos á campaña e tendo así un gran impacto para a economía da vila.

Recordamos que so se poderán consumir ata o día 31 de decembro, a partir de ahí, as tarxetas caducarán e non poderán utilizarse.