Ourense incrementa levemente os casos activos e estabiliza os ingresos

A comunidade galega rexistra hoxe 60 contaxios novos, estancando as cifras con respecto a onte. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 1.379, unha cifra que descende en preto de 30 casos nesta xornada. Do total de pacientes positivos en Galicia, 15 (-3) están en UCI, 52 (+1) en unidades de hospitalización.

Publicidade

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a fin de semana presenta un ascenso. A provincia rexistra hoxe 11 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais soben en 4 persoas con respecto a onte, ata os 149 casos activos. Nos hospitais hoxe a situación amosa tamén un estancamento. Contamos con 3 (=) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 1 (=) na UCI.