Tres anos de Belén colaborativo no barrio da Barronca, no Carballiño

Hoxe abríronnos as portas da súa praza os veciños do barrio da Barronca, na rúa Caridade, en pleno centro do Carballiño. Un pouco escondido ós ollos dos que pasean polas rúas está o seu belén, feito grazas á colaboración entre eles e ca intención de poñer cor e ánimo a estas datas de Nadal. Esta iniciativa orixinouse tres anos atrás con esta intención.

Esta obra está feita ca colaboración de todos, con elaboracións propias e tamén con decoracións cedidas. A súa preparación fíxose cumprindo con todas as medidas, e tentando facer algo diferente cada ano.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ademais, animan a que en todos os barrios se fagan iniciativas entre todos, algo que sería un atractivo para tanto veciños como turistas que se acheguen.