O concello de Piñor busca un auxiliar de axuda no fogar

IES CHAMOSO LAMAS

A Alcaldía do concello de Piñor aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para crear unha bolsa de emprego para o posto de auxiliar de axuda no fogar. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no Rexistro do Concello de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo dos 5 días hábiles seguintes ao de publicarse o presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia. As solicitudes recollerán os requisitos que establecen as bases, que se atopan á disposición do público no concello e na súa sede electrónica (https://pinor.sedelectronica.gal).


HIPER MASIDE

VIDEO SPOT PIÑOR en BADAL TV