Recurso do pasaporte covid e o `toque de queda´ de Galicia por atentar contra os dereitos fundamentais

Publicidade ASPADISI

O Presidente Provincial de Vox Pontevedra, Álvaro Díaz-Mella, presentou un recurso contencioso-administrativo #ante o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia (TSXG), contra a Orde do 29 de decembro de 2021 da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia que establece “medidas específicas como consecuencia da situación epidemiolóxica derivada da Covid-19 na Comunidade Autónoma”. Tamén pide suspensión cautelar das medidas adoptadas pola Xunta de Galicia
A nova Orde, publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG), inclúe medidas como a obrigación de presentar o certificado de vacinación do coronavirus para entrar en locais de hostalería, lecer nocturno, centros hospitalarios, centros deportivos ou eventos, así como a prohibición de reunións de non conviventes entre as 3 e 6 da madrugada, tanto en interiores como en exteriores.
No recurso advírtese de que “a Resolución publicada o pasado 29 de decembro vulnera os dereitos fundamentais recoñecidos nos artigos 14, á igualdade; 18.1, á intimidade; e 19, á liberdade de circulación; da Constitución Española (CE), todos eles dereitos amparados a través do artigo 53.2”.
Con respecto á Certificado Covid-19, o recurso baséase en que a resolución impugnada é arbitraria, desproporcionada e non supera o xuízo de proporcionalidade.
O escrito recolle que “a Orde ditada polo Goberno de Galicia diferencia entre dúas categorías de persoas no acceso aos dereitos fundamentais, en virtude dun criterio irrazonable e arbitrario”. Advirte de que “lanza unha perigosa mensaxe de confianza, que xera confusión na cidadanía” debido a que só existe evidencia científica de que as vacinas protexen ás persoas vacinadas fronte ao desenvolvemento de cadros graves da enfermidade, pero non existe evidencia de que non poidan contaxiarse e transmitir a enfermidade, de acordo coa Organización Mundial da Saúde (OMS).
O recurso tamén recolle como “a ética sanitaria vese afectada pola imposición deste certificado para acceder a centros hospitalarios ou a residencias de maiores, xa que implica o illamento de persoas e, con maior intensidade, a quen se atope en fase terminal”.
En referencia ao toque de queda establecido polo Goberno galego, o recurso incide en que vulnera o dereito de protección dos dereitos fundamentais das persoas.
Lembra que “a libre circulación das só pode ser suspendida con motivo da declaración do Estado de Excepción ou Sitio, sempre que así́ se estableza expresamente na autorización correspondente”.
En definitiva; trátase de evitar, coa suspensión cautelar das medidas adoptadas pola Xunta de Galicia, un mal maior e irreparable.