o delegado territorial da Xunta Gabriel Alén reúnese co alcalde do Bolo

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, desprazouse ao concello do Bolo onde mantivo unha reunión coa seu alcalde, Manuel Corzo, na que analizaron as principais demandas deste municipio en relación á administración autonómica.

Ámbolos dous fixeron balance das recentes inversións da Xunta de Galicia neste concello, destacando as achegas de 44.400 euros da Consellería de Política Social e Xuventude para a casa do maior, ou os 20.000 euros da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para obras de humanización da contorna do Santuario das Ermidas.

AVANTAR ACTIVIDADES

O delegado territorial tamén lembrou o convenio asinado coa Axencia Galega de Infraestruturas, da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, de máis de 91.000 euros para mellorar a rede viaria do concello e os 40.000 euros da Consellería do Medio Rural para o desenvolvemento de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais.