Nenos e mozos volveron hoxe ás aulas en todas as etapas educativas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Hoxe un total de 29.710 nenos e adolescentes ourensáns comezan o curso escolar tras as vacacións, segundo os datos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Desde infantil ata bacharelato, incluída a educación especial, e tanto en centros públicos como concertados e privados, recibirán educación 219 alumnos menos que o ano pasado. A Formación Profesional comezará o curso mañá martes.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O IES nº1 comezou ademais hoxe cunha conferencia, na que contaron con alumnos que fai 25 anos estaban estudando COU neste centro e que a día de hoxe falarán da súa experiencia a futuro.