O concello de Cenlle aproba os seus orzamentos e designa novos tenente de alcalde

O concello de Cenlle aprobou de xeito definitivo os orzamentos para este ano, aprobados de xeito inicial polo pleno o 15 de decembro. O total de orzamento de gastos é de 1.154.000€. Os gastos de persoal supoñen 255.900 euros e os investimentos reais son de 340.400 euros.

Ademais, o Boletín Oficial da Provincia tamén publica hoxe o nomeamento dos tenentes/as de alcalde do Concello de Cenlle ós concelleiros Rebeca Sotelo Fernández e Ángel Ramón Fernández Álvarez. Aos tenentes de alcalde corresponderalles substituír a esta alcaldía na totalidade das súas funcións e por orde do seu nomeamento así como no suposto de vacante na Alcaldía ata que tome posesión o novo alcalde ou alcaldesa.

AVANTAR ACTIVIDADES