Noa Presas e Bernardo Varela falarán en Celanova o 22 sobre os perigos da avalancha eólica

    • O BNG de Celanova xa avanzou a súa oposición ao novo proxecto de Bay Wa e levará ao pleno unha proposta para declarar moratoria eólica en Celanova.

A deputada Noa Presas, portavoz de economía e enerxía do BNG no Parlamento Galego, e o deputado provincial Bernardo Varela, responsábel de medio ambiente no Concello de Allariz, ofrecerán o próximo sábado, día 22 de xaneiro, unha charla informativa en Celanova sobre os riscos da avalancha de proxectos eólicos na Galiza e a situación na provincia de Ourense e nas comarcas de Celanova e da Baixa Limia.

AVANTAR ACTIVIDADES

A conferencia, de carácter público, celebrarase ás 17:00 horas na sala de Arcos do Concello de Celanova, na entrada principal á Casa do Concello desde a praza Maior. O aforo e as medidas de prevención adaptaranse á normativa sanitaria vixente nese momento.

O BNG de Celanova xa anunciou a súa oposición ao novo proxecto da empresa alemá Bay Wa na contorna da Casa da Neve, e vén de rexistrar unha moción para o debate no pleno deste mes na que volve pedir unha declaración de “moratoria eólica” á corporación municipal.

Charla informativa: Os perigos da avalancha eólica.
Con Noa Presas (portavoz de economía e enerxía do BNG) e Bernardo Varela (deputado provincial).
Día: sábado, 22 de xaneiro.
Hora: 17:00.
Lugar: salón de Arcos, Casa do Concello de Celanova, acceso pola praza Maior.