Ribadavia quere arranxar o edificio do antigo matadoiro.

Publicidade ASPADISI

Situado a carón do Convento de San Francisco é un edificación dunha entidade importante que se atopa en moi mal estado, sendo moi visible desde o Casco Histórico.

O Concello de Ribadavia solicitou hoxe a subvención da Xunta de Galicia destinada a concellos para a mellora e corrección de impacto paisaxístico convocadas polo Instituto de Estudos do Territorio.

HIPER MASIDE

O prazo de solicitude comezaba hoxe ás 12h da mañá, a pesar de ser publicado aínda onte mesmo, xa que a Xunta volveu convocar axudas aos concellos por procedencia non competitiva, o que significa que o criterio de resolución será por orde de chegada das solicitudes. Este é o motivo polo que o Concello de Ribadavia realizou hoxe mesmo dita solicitude.

O Orzamento do proxecto proposto e solicitado polo Concello ascende a máis de 30 mil euros, sendo a axuda da Xunta á cal optamos de 20 mil euros.

O proxecto inclúe a realización dunha nova cuberta, a limpeza e reparación da fachada, e restauración da carpintaría exterior.

Consideramos que sería un investimento moi necesario e xusto, e un paso importante para comezar a revalorizar toda a zona da marxe esquerda do río Avia ao seu paso polo centro histórico de Ribadavia.

Ademais, desta mellora, que dependerá de si a Xunta resolve favorablemente esta axuda, desde o Concello estase traballando para este 2022 na mellora e limpeza das dúas pontes existentes neste tramos, así como a realización de podas da vexetación existente.

Recordamos que ADIF ten aprobada a intervención de mellora da ponte histórica do ferrocarril que pasa por Ribadavia.