Xulio Álvarez Crespo Biólogo e docente
Artigo 4 : ” Medio Ambiente: O Noso Compromiso. Recollida (2): A Vila do Carballiño ”
A Nosa Vila

Na vila do Carballiño é frecuente ver situacións como as que nos mostra a fotografía da esquerda. A imaxe da dereita é cotiá: non hai rúa onde non se instale unha morea de contedores. Chama a atención que nun extra do xornal La Región de 16 de febreiro de 2020 sobre reciclaxe fale do Carballiño como dun “entorno sen residuos e conciencia ambiental”. No que respecta da xestión do lixo na vila do Carballiño, eu máis ben falaría dun medio real de consumir e tirar. É dicir, todo o contrario de conciencia ambiental, da que algúns parecen alardear de xeito irresponsábel. A este respecto, hai na vila do Carballiño un sistema de recollida de pilas na rúa ou en establecementos ? Colectores exclusivos de refugallos orgánicos? Plan municipal de xestión do lixo ? Realízase o seguimento da recollida de residuos como aceites, roupa, cartón e papel? Lévanse a cabo campañas de concienciación e adquisición de hábitos respectuosos para co medio ? Existe un viveiro municipal de plantas e árbores? En definitiva: existe un proxecto de política medioambiental por parte do Concello? .De habelo, non o coñecemos.
Ao longo do percorrer dos
anos, observamos a proliferación de colectores cheos
de sucidade, mal
cheiro e falta de hixiene; a carencia
dunha normativa educadora
e a vez
sancionadora
para coa parte da cidadanía que
sistematicamente incumpre as mínimas normas de respecto cara o medio, o uso e abuso dos colectores por parte das áreas comerciais grandes e da hostalaría
son
o pan noso de cada
día.
Claro que tamén debemos de mirar o contexto, é dicir, que pasa no ámbito galego? A vista do fracaso da política de xestión de residuos da Xunta, nós apostariamos decididamente por un modelo descentralizado para a xestión dos refugallos na Galiza onde os obxectivos fosen basicamente: reducir a produción de lixo en orixe, implantar a recollida de lixo porta a porta e fixar como meta a compostaxe do 50% do lixo, que precisamente corresponde á porcentaxe en peso de materia orgánica.
Nin que dicir ten que o papel das concellarías de medio ambiente é fundamental. Os equipos dos gobernos municipais terían de elaborar e presentar un proxecto de presente e de futuro onde se recollese todo canto fose necesario ao respecto e se tratasen de solucionar os problemas e reducir os impactos na contorna. Un exemplo a seguir actualmente na nosa provincia de Ourense é a Reserva da Biosfera : Area de Allariz, que comprende os termos municipais de A Bola, Allariz, Rairiz de Veiga e Vilar de Santos, para máis saber pódese consultar a páxina de DialogosRB.net.
Ante todo o exposto cal é a nosa proposta ou a alternativa que damos?. Velaquí algunhas ideas básicas para iniciar a andaina e facer o camiño:
* Educación ambiental na escola primaria e en centros educativos superiores, tamén para a cidadanía en xeral: cursos, obradoiros, mesas redondas, exposicións e campañas divulgativas de xeito continuado ao longo do ano e non de vez en cando.
* Elaboración dun proxecto político medioambiental por parte dos equipos de goberno e concretamente da concellaría de Medio Ambiente que recolla os protocolos de actuacións e traballo que se debe realizar en tódalas áreas respecto do medio ambiente na nosa contorna.
*Redacción e posta en práctica dunha normativa ao respecto da recollida e tratamento dos refugallos, de obrigado cumprimento pola cidadanía e onde se recollan pautas para os casos particulares das grandes áreas comerciais e da hostalaría.
*Potenciación da compostaxe comunitaria e familiar que permita a redución en orixe e, ao mesmo tempo, posibilite acadar como mínimo o 50% de separación que marca a Unión Europea para o 2020.
Máis o traballo sería arduo e custoso, e as solucións, a longo prazo, co cal non daría moitos votos de inmediato. É dicir, sen vontade política e cidadán non haberá solución.
Obrigado e ate a próxima.
——————————————————————————————————-
Outros ARTIGOS de Xulio Álvarez Crespo:
Artigo 1 : ” Medio Ambiente: O Noso Compromiso “
Artigo 2 : ” Medio Ambiente: Pasado, Presente e Futuro “
Artigo 3 : “ Medio Ambiente: O Noso Compromiso. Recollida (1) “