O Arenteiro Fotográfico acollerá 14 exposicións e charlas-taller

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Arenteiro Fotográfico 2020 contará con catorce exposicións, en vez das doce programadas inicialmente. Así mesmo, o acto inaugural terá lugar o domingo, 11 de outubro no Auditorio Municipal Manuel María, en vez de na Casa da Cultura, co obxectivo de poder ampliar o aforo.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Estas son as principais novidades deste evento, que se diron a coñecer esta mañá polo presidente da Asociación Fotográfica O´Potiños, Manuel Blanco, nun acto de presentación do programa definitivo, ao que tamén asistiu o concelleiro de Cultura, Diego Fernández.

Na xornada inaugural, que comezará ás 19,00 h., presentarase o catálogo de exposicións, cunha proxección das mesmas; redenrase homenaxe ao fotógrafo carballiñés Moncho Fuentes e inaugurarase unha mostra na sala de exposicións do auditorio cunha selección de fotografías súas sobre as xentes do Carballiño nos anos 90.

O 16 de outubro, ás 19,00 h., na Casa da Cultura, dará unha charla o fotoperiodista Gervasio Sánchez, que impartirá asimesmo un taller co título “La dignidad es lo que importa”. Esta actividade, non obstante, queda suxeita a que a organización decida dentro duns días, cando remate o prazo de inscrición, se pode celebrarse finalmente, debido aos condicionantes de seguridade pola covid 19.

As exposicións do Arenteiro Fotográfico 2020 permanecerán abertas durante outubro e novembro, variando a programación cada mes.

Ao respecto, Manuel Blanco asegurou que eran moitos os fotógrafos que chamaran para poder expoñer as súas obras neste evento fotográfico, do que dixo que convertía ao Carballiño na capital fotográfica de Galicia. De aí que amosase o seu orgullo por levar adiante esta iniciativa nun ano tan difícil a causa da pandemia.

Ademais da exposición “Fotografía de prensa”, de Moncho Fuentes, poderán verse as seguintes mostras: A.F. O´Potiños, “Inspiración”; Luís Pereira, “Seremos un frágil recuerdo”; Fotoforum Compostela, “La horma del tiempo”; Teté D. Estate, “Un instante fugaz”; Yeray Diéguez, “Proxecto Frames”; José Luis Montes, “Insomnium”; Luis Baños, “As miñas viaxes”; A.F. Fotosíntese, “Memoria das ausencias”; Olloatlántico, “Manifesto”; A.F. Os Negativos e Concurso Foto Rosa Pons Fábregas, “Visións Parada de Sil”.

Os locais nos que se exhibirán estas exposicións son: Concello, Auditorio Municipal, Casino, Rúa Principal, Café Peñasco, Café Plaza, Pazo da Almuzara, Hotel Arenteiro e Asador Veracruz.

O concelleiro Diego Fernández agradeceu o esforzo do colectivo O´Potiños por elaborar un programa de tanto interese cultural, sobre todo neste tempo de pandemia, e  animou aos veciños a visitar as exposicións.