Expourense, Inorde e Xeodestinos presentan en FITUR a Ourense como o mellor destino turístico

A 42ª edición da Feira Internacional de Turismo (Fitur) 2022 rematou hoxe venres as ponencias para público profesional e abre unha fin de semana para o público, no recinto de Ifema en Madrid. A provincia de Ourense foi a clara protagonista na xornada de onte xoves no stand de Galicia, que conta con máis de 1.000 metros cadrados de mostra do potencial turístico galego, destacando o Xacobeo 2021-2022.

O xeodestino Manzaneda –Trevinca -Valdeorras presentou o novo claim “Terras que Saben”, unido ó Observatorio Astronómico de Trevinca como proxecto motor, vinculado ao municipio da Veiga como Destino Starlight.

AVANTAR ACTIVIDADES

A Deputación de Ourense presentou o Plan de Sostibilidade Turística “Ourense Termal” que permitirá a transformación competitiva dos quince municipios termais rurais, contando coa vantaxe competitiva co Ferrocarril de Alta Velocidade. Expourense, pola súa parte, presentou en Fitur o seu tándem feiral: Termatalia e Xantar. Tras tres anos sen celebrarse por culpa da pandemia, a Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar anunciou que neste 2022 volverá celebrarse como feira completa e presencial do 29 ao 30 de setembro. Xantar foi outra das protagonistas desta feira, anunciando a súa futura celebración entre o 9 e o 13 de novembro, un mes especial para a cidade e provincia coa celebración do San Martiño e os Magostos, que é unha época idónea para gozar de Ourense.

Onte xoves tamén se presentou o Xeodestino O Ribeiro- Carballiño, que presentou o seu potencial gastronómico, enolóxico e turístico ca súa presentación “Pulpo do Carballiño, viño do Ribeiro e outros maridaxes perfectos ás beiras do Miño.