O Colexio Guillelme Brown súmase tamén ao programa de Aulas de Divulgación Científica da UNED. Hoxe presentouse esta iniciativa nas instalacións do centro educativo coa asistencia da súa directora, Yolanda Valeiras; o director de UNED Ourense, Jesús Manuel García e a vicerreitora Primeira e vicerreitora de Investigación, Transferencia do Coñecemento e Divulgación Científica da UNED, Rosa María Martín
O proxecto da UNED de levar a divulgación científica aos centros escolares conta xa coa participación dun novo colexio. Trátase do Guillelme Brown, cuxo equipo directivo quixo sumarse a esta colaboración. A súa directora, Yolanda Valeiras, expuxo que non dubidou en solicitar o apoio da UNED para non deixar de ofrecer neste centro a divulgación da
ciencia. Como ela resaltou, o Guillelme Brown destaca, entre outras cousas, pola
súa clásica Expociencia, que foi o xerme desa gran iniciativa que hoxe coñecemos
como Galiciencia. Agradeceu á Universidade a súa disposición, celebrando esta colaboración que se materializou na firma dun protocolo.
O director de UNED Ourense, Jesús Manuel García, explicou que “esta Universidade
quere estar na sociedade ourensá co que sabe facer: investigación e divulgación do coñecemento científico. Queremos implantar na provincia esta iniciativa porque fai ben á nosa sociedade, ao sementar coñecemento científico entre os escolares. Esta Aula inclúe talleres de electromagnetismo, de química así como de charlas científicas sobre paleontoloxía, arqueoloxía e historia, robótica e dixitalización ademais de Intelixencia Artificial
Engadiu o director que os talleres están dirixidos por científicos da UNED cunha
dilatada experiencia en divulgar . Dixo que se celebran entre dous e tres veces
no curso durante toda unha mañá, para que os escolares poidan participar
todos. Os talleres de química, titulados Isto chéirame a ciencia, están adaptados a todos os niveis non universitarios, desde Infantil. “Xa temos unha primeira
experiencia co colexio Miraflores, agora súmase o Guillelme Brown e tamén
o fará o CEIP Virxe de Covadonga. Estamos encantados de colaborar nesta
acción tan importante de sementar para que xurdan vocacións científicas”
Rosa María Martín, agradeceu a disposición do Guillelme Brrown dando as grazas a Yolanda Valeiras “e ao noso director de UNED Ourense, Jesús Manuel, que é
quen dispuxo que leve a cabo esta actividade na provincia porque ten
sensibilidade para expandir o coñecemento”. A vicerreitora engadiu que divulgar a
ciencia é unha nobre tarefa e púxose como exemplo, pois sendo unha escolar, abríuselle
o interese por estudar ciencias “cando nunha ocasión leváronnos a ver o
raio láser e ao contemplar como nos atravesaba o dedo, quedei fascinada. Aquilo
cambiou a miña vida”.
Destacou a importancia desta acción que se promove desde UNED Ourense e
que se enmarca dentro do programa do 50 aniversario da Universidade máis
grande de España en estudantes. Indicou, ademais, que as novas tecnoloxías
como a IA, o Big Data etc. van producir un cambio na investigación científica
nos próximos anos, e os nenos e nenas ourensáns de hoxe teñen a oportunidade
de coñecer rudimentos científicos que lles poidan animar a querer ser os científicos
de mañá.
Os talleres son totalmente experimentais onde os escolares levan a cabo
experimentos guiados polos científicos da UNED de modo que a aprendizaxe prodúcese
nun clima de bo humor e ilusión, de modo que os participantes
adquire o coñecemento daquilo que están a practicar.
Despois da Semana Santa chegase o primeiro taller ao Guillelme Brown, que
tamén o fará aos outros dous centros escolares