O bop publicou a ordenanza reguladora de emerxencia social no Carballiño

A ordenanza foi aprobada no pleno do pasado 12 de maio, cun orzamento de 40.000 euros para axudas de emerxencia social. Axudas a familias necesitadas para gastos de farmacia, alimentación, vestiaro, para integración sociolaboral, asistencia a cursos, axudas para aloxamento temporal ou para o mantemento de vivienda.

Poderán ser beneficiarios/as destas axudas residentes no Concello do Carballiño, cun estado de necesidade recoñecido polos Servizos Sociais comunitarios e que cumpran os requisitos incluídos no BOP.

AVANTAR ACTIVIDADES

Esta ordenanza foi reclamada pola oposición dende o pasado mandato socialista e criticada pola súa tardanza. A concelleira Lupe Sobrado quixo deixar claro que o concello xa coloboraba con Cáritas para repartir alimentos e ninguén quedou desatendido. Tamén estase axudando a particulares co abono do alugamento e aos que non tiñan aloxamento se lles albergou nas pallozas do camping que están completas.