Cenlle busca un traballador para acondicionar espazos medioambientais

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a convocatoria para a contratación laboral dun traballador/a para acondicionamento de vías e espazos públicos e medioambientais do Concello de Cenlle. A modalidade de contratación será temporal a xornada completa cunha duración ata a cobertura da praza mediante a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal. O sistema de selección será concurso de méritos.

O prazo de presentación de solicitudes é de 5 días naturais contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, no Rexistro do Concello de Cenlle ou por calquera dos medios admitidos en dereito.

AVANTAR ACTIVIDADES