O concello celebrará o pleno deste mes o mércores, marcado polo debate do Asilo

Este mércores, dende as 09:15 horas, o concello do Carballiño celebrará o pleno ordinario deste mes de xaneiro. Para os que queiran seguilo a través da rede, poderán facelo na nosa páxina web.

Entre os puntos da orde do día está a normativa da ordenanza de terrazas e a nova normativa que regula o servizo de conciliación do Bo Día Familia.

AVANTAR ACTIVIDADES

En canto a mocións, todos os grupos coinciden na petición de información relativa á situación do Asilo, polo que as mocións serán debatidas en conxunto e votadas por separado. Tamén se inlúe unha moción de Espazo Común sobre a temporalidade dos traballadores municipais.

E o Partido Popular, que presentou unha moción relativa a que se leven a cabo accións permanentes para a prevención de condutas aditivas con ou sen substancia.