Os 14 alumnos do curso de soldadura reciben o seu diploma ó remate da formación

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Esta mañá tivo lugar o acto de entrega dos diplomas do curso de formación en soldadura que levou a cabo o Concello do Carballiño. Un total de 14 persoas formaron parte deste proxecto, que culminaba onte co remate das prácticas presenciais e polas que reciben hoxe un certificado e un diploma acreditativo para o seu futuro laboral.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O director de fábrica de GRI, Fernando Puente, agradeceu a colaboración co concello neste tipo de proxectos, que facilitaban o acceso ó mercado laboral a persoas cualificadas e tamén que suplían a carencia de persoal cualificado.

O concelleiro de emprego, Manuel Dacal, agradeceu a todos os axentes que fixeron posible este proxecto e ós alumnos e animounos a seguir aproveitando o coñecemento adquirido.

Unha parte deles comezarán a traballar como activos desta empresa de xeito inmediato, e segundo o director, haberá unha segunda ronda na que pasarían a entrar todos eles.

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, agradeceu ás empresas a súa colaboración para poñer en marcha este proxecto, tanto de formación como para fortalecer o tecido empresarial.

A formación correu a cargo da empresa Quick-Up de formación a medida. O director, Fernando Clemente, puxo en valor o esforzo feito polo alumnos e a innovación deste impulso público-privado.