O BNG pregúntase: por qué Jácome é tan importante para o PP?

Desde a formación nacionalista rexeitan os argumentos esgrimidos nas últimas horas polos populares ao apelar a que non hai sentenza firme e lamentan que non tiveran tanta Benevolencia no pasado con persoas doutros partidos

A xustificación esgrimida polo PP nas últimas horas en relación á decisión adoptada pola xuiza do Xulgado de Instrucción número 3 de Ourense e na que aprecia indicios de malversación por parte de Jácome é, a ollos do BNG, unha tomadura de pelo máis.

AVANTAR ACTIVIDADES

En declaracións públicas, o portavoz nacionalista no Concello de Ourense Luis Seara, afirma que “o primeiro que debería facer o PP é pedir perdón ás veciñas e veciños de Ourense polo dano que lle están a facer desde hai moitos meses”. Seara engade, “resulta absolutamente sorprendente que abandonaran o goberno por unhas denuncias en base a unhas supostas irregularidades na xestión dos fondos de DO e agora que unha xuiza di que hai indicios racionais de malversación apelen a que non hai sentenza firme”.

A Luis Seara gustaríalle que ese apelo á “presunción de inocencia” que amosan agora os populares con Jácome, “a tiveran no pasado con outras persoas”.

Seara afirma que hai dúas preguntas que facerse ante esta situación que conviría resolver, “que lle da Jácome ao PP? e por qué e tan importante Jácome para o Partido popular?”. O portavoz nacionalista di que isto so se pode entender na confluencia de intereses entre ambos, uns intereses que por certo “non teñen nada que ver cos das veciñas e veciños de Ourense, e porque Jácome e PP, PP e Jácome “son as dúas caras dunha mesma moeda”. Só así se pode explicar a postura do PP en toda esta cuestión”,

O BNG volve insistir na necesidade de que o PP rompa con Jácome, se bote a un lado e facilite unha moción de censura para que goberne a lista máis votada.

Jácome, o rei do privado, financiase exclusivamente con cartos públicos.

O portavoz do BNG no Concello de Ourense non deixou pasar a ocasión para facer unha reflexión sobre as contas de DO publicadas no día de hoxe e nas que prácticamente o  100% do financiamento procede do erario público.

Para Seara non deixa de ser curioso como “o máximo defensor do privado, de quen defende que o que queira cultura que a pague ou quen queira deporte que o pague, acaba financiando os seus negocios, entre eles a súa televisión privada, con cartos exclusivamente públicos”.

Reunión ordenanda consumo de alcol na rúa.

Desde o BNG reclaman unha maior participación social na elaboración da ordenanza sobre o consumo de alcol na rúa e non limitala soamente aos partidos políticos, as súas organizacións xuvenís e a unhas determinadas asociacións de veciños.

Estamos diante dunha ordenanza importante que afecta ao conxunto da veciñanza e polo tanto entenden os nacionalistas cómpre ampliar a participación xa que cantas máis aportacións mellor será a redacción final da mesma.