Expourense acolle esta fin de semana a tercera edición do Salón do Vehículo Clásico

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Expourense celebra esta fin de semana, 5 e 6 de abril, a terceira edición do ‘Salón do Vehículo Clásico’, que xa se ten consolidado de xeito definitivo no calendario do recinto feiral, tra-la excelente acollida da súa segunda edición, na que se duplicaron os datos de participación da primeira. En tan só dúas edicións, este salón converteuse nun gran punto de encontró para os afeccionados aos vehículos clásicos de toda Galicia e tamén do norte de Portugal, e de comunidades como Asturias, Castela-León ou Madrid.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Esta terceira edición foi presentada nesta mañá nun acto que contou coa participación de Manuel Pardo, delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense e presidente do comité executivo de Expourense; Jorge Pumar, deputado provincial; Aníbal Pereira, tenente de alcalde do Concello de Ourense, e Rogelio Martínez, director xerente de Expourense, que estiveron acompañados por representantes das distintas entidades colaboradoras.

O ‘3º Salón do Vehículo Clásico’ contará coa presenza de 57 expositores especializados no sector do clásico, entre os que se poden atopar tanto compraventas e talleres de reparación coma empresas de recambios, accesorios, componentes, pintura, miniaturas, etc. A área expositiva inclúe, asemade, a participación de máis de 150 vehículos clásicos (matriculados hasta 1995, é dicir, cun mínimo de 30 años de antigüidade) entre os que se poden ver tanto coches como motos. Estes vehículos de exposición están cedidos por coleccionistas privados, restauradores, mecánicos, clubes e particulares. Nesta exposición poderán atoparse atractivos coma o mítico “Alpinche” cedido por la Fundación Estanislao Reverter; un bus de Autocares Cuíña ou tres mostras de vehículos clásicos cedidos pola Policía Nacional, Gardia Civil e o Ministerio de Defensa.

Destaca tamén a presenza dunha vintena de clubes de afeccionados a marcas ou modelos a nivel nacional (Club Lancia España, Alfa Romeo, American Cars,  Seat 124 ou Mercedes W123) que compartirán espazo con clubes galegos ou portugueses unidos por unha marca ou procedencia territorial (Escudería Ourense, Barreiristas de Galicia, Club Nipón ou as escuderías de Clásicos de Condado-Paradanta; Ribeira Sacra; Arenteiro; Taboadela; O Irixo; Melgaço, Petín,…).

Un dos grandes atractivos desta cita para os amantes do sector é o Parking de Clásicos. O recinto dispón de dúas áreas reservadas (unha interior e outra exterior) para que aparquen en él (ata completar aforo) os visitantes que se desplacen ata Expourense ao volante do seu clásico. Cada coche ou moto clásica que estacione nesa zona recibirá duás invitacións para visitar o salón sen custe. É recomendable que aqueles que se decidan a asistir co seu clásico se inscriban previamente na web do evento www.salonvehiculoclasico.com. Ata a data xa se recibiron máis de 300 inscricións de clásicos de particulares que confirmaron a súa visita a esta cita.

Programa de actividades

Esta terceira edición voltará contar cun completo programa de actividades. Convocouse xa o “Segundo Concurso Elegancia”, que conta con 10 coches finalistas, e que estarán expostos no salón. Estos finalistas presentaránse no perfil do salón para que os seguidores poidan votar para o ‘Premio del Público’, e xa na feira ser valorados tamén por un xurado profesional. Entre os participantes no Parking de Clásicos tamén se celebra o concurso “O meu clásico de portada”, e cuxo coche gañador será a imaxe do cartaz da cuarta edición, que terá lugar no 2026. A entrega de premios de ambos certames está prevista para o domingo 6 de abril ás 13,00 horas.

En colaboración co Concello de Ourense e a empresa ourensana ‘Xog-on’ organízase tamén o “2º Campionato de Simracing de Clásicos”, que voltará contar coa locución do youtuber Mario Soler, unha das grandes referencias neste sector. Tamén se celebrará a Segunda Competición de Rallye Clásicos de Slot “Cidade de Ourense”. A terceira das competicións nas que poden participar os visitantes que desexen será a 2ª Copa para “Lentos en Moto” que organiza Expourense coa colaboración do Club Avispados de Vespa e Lambreta Clásica de Ourense.

E unha das actividades estrela desta edición será a mesa de debate titulada “Vellos pero bravos. Ferro vs Chips. ¿Por qué o teu avó confiaba máis no teu coche cá ti no teu?”. Terá lugar o sábado 5 de abril, ás 18,30 horas e contará coa participación de tres recoñecidos expertos convertidos xa en influencers do coche clásico: Santi Martínez (@documentosdelmotoryoutube), Javito Rivas e Mario Soler. Haberá ademais conferencias e presentación de efemérides coma o 50º aniversario do Seat 131.

Outra das actividades que terá continuidade será a Ruta de Clásicos prevista para a mañá do domingo 6 de abril. Sairá de Expourense ata a sede da Fundación Estanislao Reverter e percorrerá a contorna da cidade. Esta ruta está calculada para 40 coches clásicos e as prazas para participar cubríronse ao día seguinte da apertura das inscricións.

Organizado por Expourense, esta terceira edición do Salón do Vehículo Clásico conta co apoio principal da Deputación Provincial de Ourense, á que se sumaron outras entidades que levan meses colaborando estreitamente coa organización para ofrecer aos visitantes un salón sorprendente. Estas entidades son: Escudería Clásicos de Ourense, Fundación Estanislao Reverter; Concello de Ourense; Xog-on; Proyecta Galicia – Correduría de Seguros; Marvic Sport; Casla Sport; Club Nipón Ourense; Club Avispados de Ourense; Documentos del Motor Youtube; Motomanía Vigo; Autos González; masventana; Autogal BMW, Autocares Rías Baixas y Renfe.

O horario da feira será, o sábado 5, de 10,00 a 21,00 horas, e, o domingo 6, de 10,00 a 20,00 horas. A entrada para o público ten un custo de 5 euros, sendo gratuíta para os menores de 12 anos. O salón dispón dunha web propia: www.salonvehiculoclasico.com, e dun perfil de instagram: @salonvehiculoclasico (tamén de Facebook), cun seguimento moi activo por parte dos afeccionados e nos que se van adiantando tódalas confirmacións de expositores e vehículos participantes.