Sergio Pazos co grupo de teatro Dar Trela escenifican a primeira Festa do Pulpo no parque municipal

Publicidade ASPADISI

O Carballiño, escenario de gravación de tres programas da TVG para este verán.

O Carballiño está sendo estes días escenario de tres programas da TVG, que se emitirán durante o próximo verán. Trátase dos programas “Sergio Pazos e Cía”, “Galicia en 360º” e un magazine.

HIPER MASIDE

As gravacións destes programas, que se desenvolven en diversos lugares da vila, como a Praza Maior, a rúa do Paseo, o parque municipal e o auditorio, entre outros, comezaron a realizarse este xoves pasado e proseguirán hoxe e durante a semana entrante.

Na realización destes programas colaboran diversas persoas e entidades carballiñesas, como o grupo de teatro Dar Trela, que participa na grabación do programa “Sergio Pazos e Cía”.

Esto fai que estes días coincidan na vila diversos equipos de produción de programas de televisión, e que se podan ver coas súas cámaras polas prazas e lugares de interese.