Un traballador do concello do Irixo da positivo en Covid-19

O concello do Irixo tivo coñecemento onte de que un empregado do Concello deu positivo nas probas de Covid-19. Dende ende a xornada de hoxe procederon á desinfección completa das instalacións da casa do Concello, permanecendo por elo uns días pechado. Trala desinfección procederán a reapertura mañá martes, pero con servizo de atención presencial previa cita no teléfono 988287400.

Dende a administración local quixeron chamar á responsabilidade de todos os veciñ@s, extremando as precaucións marcadas pola lexislación vixente, así como, mantendo a calma e non axudando a difundir noticias non contrastadas.

AVANTAR ACTIVIDADES