A D.O. Ribeiro participa na feira Vinexpo & Wine Paris compartindo caseta cos outros catro consellos reguladores vitivinícolas galegos e o de augardentes e licores tradicionais

Os seis consellos reguladores que conforman ACRUAGA exhiben estes días os seus viños nunha caseta conxunta na feira vinícola máis relevante da capital francesa

Un total de 27 adegas da Denominación de Orixe Ribeiro danse a coñecer estes días na feira Vinexpo, en París, na primeira acción de promoción conxunta levada a cabo pola Asociación de Consellos Reguladores do Viño de Galicia e das II. GG. Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia ( ACRUAGA). Trátase da primeira vez que os viños e licores autóctonos galegos, amparados baixo diversos selos de calidade, promociónanse de forma conxunta no exterior.

AVANTAR ACTIVIDADES

Para Juan Gil de Araújo, presidente de ACRUAGA, a habilitación en Vinexpo dun espazo expositor común aos seis consellos reguladores, posto en marcha co apoio do Igape, permitirá “crear sinerxias” entre os diferentes territorios amparados. Pola súa banda, o presidente do C. R.D.Ou. Ribeiro, Juan Casares, sinalou que “con esta actividade damos comezo ao noso periplo internacional para a promoción dos viños da D.Ou. máis antiga de Galicia. Este ano apostamos claramente pola internacionalización, destinando un 60% do noso investimento en promoción aos mercados exteriores. Entre outros proxectos internacionais, proximamente participaremos nas feiras Prowein ( Düsseldorf-Alemaña) e London Wine Fair (Londres-Reino Unido)”.

Vinexpo
Vinexpo, o evento estrela do grupo Vinexposium constitúe o primeiro gran encontro vinícola internacional do ano. O sector do viño e as bebidas espirituosas, que non se reunía en París desde hai case dous anos, recibiu este ano con gran expectación Wine Paris & Vinexpo Paris, que conta con 2.800 expositores de 32 países durante tres días.

España ocupa o terceiro lugar detrás de Francia e Italia, cun aumento da participación de todas as autonomías que participan neste gran evento dedicado á exportación, en particular Castela e León, Galicia e Castela A Mancha.

Sobre ACRUAGA
Hai uns meses, creouse a Asociación de Consellos Reguladores do Viño e Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia ( ACRUAGA) para dar cobertura a un convenio de colaboración subscrito co IGAPE cuxo fin é a promoción internacional dos viños e destilados amparados baixos os selos de calidade diferenciada de Galicia,

Unha entidade que impulsará accións de formación e difusión dos produtos amparados polos selos de calidade dos seis organismos integrados na iniciativa: os consellos reguladores de Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras -no caso dos viños- e Augardentes de Galicia. Ademais de Vinexpo, os membros de ACRUAGA estudan participar no mes de xuño na London Wine Fair, a feira vinícola máis relevante de cantas celébranse en Reino Unido.