O Carballiño non presenta cambios hoxe. Seis casos na capital e un caso en Cea

IES CHAMOSO LAMAS

A comarca mantén hoxe o número total de casos activos de coronavirus nos 7. A evolución mantense pendente dos casos do Carballiño e San Cristovo de Cea, únicos concellos con casos activos a día de  hoxe.

O Carballiño mantén 6 positivos hoxe, a mesma cifra ca onte. San Cristovo de Cea, mantén hoxe un positivo, cifra que se mantén dende o mércores día 14.

E os demais concellos,  Boborás, Maside, O Irixo, Beariz, Piñor, Punxín e San Amaro están libres de coronavirus.

Todos os concellos están en nivel medio-baixo o que implica unha maior capacidade de servizo da hostalería cun 50% de aforo interior e un 75% en terraza.