AGACA promove prácticas remuneradas en xerencia de cooperativas

  • O programa Apoio á función xerencial en cooperativas agroalimentarias oriéntase ofrece formación teórica e 6 meses de prácticas remuneradas a persoas con formación académica en situación de desemprego.
  • As persoas interesadas en participar poden matricularse en www.agaca.coop e informarse no teléfono 981 58 47 83.

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) lanza unha nova edición do programa formativo de Apoio á función xerencial en cooperativas agroalimentarias. Comeza cun curso teórico logo do cal participantes seleccionados comezarán unha estadía de 6 meses de prácticas nunha cooperativa agroalimentaria.

Está aberto tanto a cooperativas que desexen profesionalizar a súa xerencia como a persoas con titulacións de grao medio ou superior, preferentemente en situación de desemprego, que desexen mellorar as súas habilidades xerenciais. Non ten custo para as entidades receptoras e o alumnado en prácticas recibirá unha axuda mensual de 775 euros (cantidade á que se descontarán impostos).

AVANTAR ACTIVIDADES

O proceso de selección producirase entre xaneiro e febreiro de 2022.

As persoas interesadas en tomar parte no programa formativo e as cooperativas interesadas en recibir alumnado en prácticas poden descargar a documentación necesaria en www.agaca.coop e informarse no teléfono 981 58 47 83.

A iniciativa forma parte do proxecto Formación para a consolidación das cooperativas agroalimentarias de Galicia, no marco do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social, xestionado pola Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES), como Organismo Intermedio dos fondos do FSE,  que inclúe outros programas formativos, un orientado á incorporación ao sector hortícola e outro de incorporación á produción de vacún leiteiro.

Conta co cofinanciamento do Fondo Social Europeo, mediante a convocatoria de subvencións dirixidas a entidades e empresas da economía social para o desenvolvemento de proxectos destinados á creación de empresas e entidades da economía social ou á mellora da competitividade e o apoio á consolidación empresarial das mesmas.