O CDR O Viso insta ós concellos da Limia para que se sume á loita contra o despoboamento

O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso quere axudar a que se declare o 31 de marzo coma o “DÍA EUROPEO CONTRA O DESPOBOAMENTO” e faino instando, a través dunha proposta de moción, ós 11 Concellos da comarca da Limia. Realiza esta acción apoiando á Revuelta da España Vaciada.

O CDR O Viso vén desenvolvendo diferentes accións enmarcadas no reto demográfico que teñen os territorios rurais. As máis recoñecidas son as da busca de recursos habitacionais e de negocios para que lle dean unha nova vida familias residentes en ámbitos urbanos que queren instalarse en pobos e aldeas da zona. Grazas a este traballo chegaron á Limia, por exemplo, 14 familias en 2023.

AVANTAR ACTIVIDADES

Agora o CDR O Viso solicítalle ós Concellos da comarca  que sumen á iniciativa comunicando publicamente a súa adhesión á iniciativa, conmemorando a efeméride anualmente e pedíndolle á Federación Española de Municipios e Provincias que faga o propio.

 Programa Despoblación subvencionado por Ministerio de Derechos y Agenda 2030 con cargo a la asignación tributaria del IRPF y promovido por Coceder.