O vindeiro luns, 31 de xaneiro, na Praza Maior de San Cristovo de Cea, de 18 a 21 horas estará a Unidade Móbil de ADOS (Axencia de Doazón de Órganos e Sangue).
Lembramos a importancia que ten a doazón de sangue, para poder atender a demanda e necesidade dos hospitais, xa que as reservas están ao límite.
Recordamos que pode acudir calquera persoa con ou sen cita previa, que estea san, sexa maior de 18 anos e menor de 65 anos, non ter unha cirurxía, tatuaxes ou perforacións en menos dun ano, pesar máis de 50 quilos e non estar tomando medicamentos.
VIDEO SPOT San Cristovo de CEA en BADAL TV