A nova xerente de Galicia Calidade visita empresas de Arnoia, o Carballiño e Maside que contan co certificado de garantía

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Ana Méndez mantivo encontros cos responsables de ‘Bodegas Nairoa’, ‘Confitería Cerviño’ e ‘Nor-Ibérica de Bebidas’ nos que lles trasladou as principais liñas de traballo para este ano e escoitou as súas inquedanzas e propostas

 A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, visitou hoxe tres das empresas certificadas na provincia de Ourense por esta marca dependente da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, para presentarlles as principais liñas de traballo que se desenvolverán no presente ano para apoiar as empresas que contan con este selo de garantía.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

De este xeito, reuniuse cos responsables de Bodegas Nairoa, adega situada en Arnoia que elabora viños de diferentes variedades desde 1999; Confitería Cerviño, empresa familiar do Carballiño que aposta por elaboracións artesanais; e Nor-Ibérica de Bebidas, localizada en Maside e dedicada a elaborar augardentes e licores de gran calidade. Nestas xuntanzas, Ana Méndez puido coñecer de primeira man as súas inquedanzas e recoller a súas suxestións.

Galicia Calidade conta na actualidade con máis de 600 produtos e servizos certificados de 150 empresas, que engloban os sectores agroalimentario, mar, turístico, xoieiro, industrial, xeotérmico e planta ornamental.
 

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------