Aberto o prazo de inscrición para participar como coexpositor do Inorde no Salón Gourmets 2022

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

 O Inorde vén de aprobar as bases para regular o procedemento destinado a seleccionar a dez micro empresas como coexpositores no stand que terá este organismo, por primeira vez, no Salón Gourmets 2022, Feira de Alimentación e Bebidas de calidade, que se celebrará no recinto feiral de IFEMA, Madrid, entre os días de 25 ao 28 de abril de 2022. O stand do Inorde habilitará dez módulos destinados, cada un deles, a unha empresa da provincia de Ourense para que expoña e promocione os seus produtos.

Os interesados en participar deberán presentar a súa solicitude (no modelo que se contén no anexo I destas bases dispoñibles na páxina web www.inorde.com), entre as 00:00 horas do día 2 de febreiro de 2022 e as 24:00 horas do día 15 de febreiro de 2022. A solicitude  presentarase na sede electrónica da Deputación de Ourense (https://sede.depourense.es/), utilizando a opción de presentación de solicitudes de propósito xeral ou, se o solicitante non está obrigado a comunicarse coa Administración por medios electrónicos, poderá presentar a solicitude nos Rexistros do Inorde, da Deputación de Ourense ou no de outra Administración.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Para poder ser coexpositor deste espazo, as micro empresas elaboradoras de produtos gourmet deberán ser titularidade de persoas físicas autónomas ou xurídicas cuxo domicilio e centro de produción estea situado na provincia de Ourense. No caso de que se trate de empresas dedicadas á viticultura, a súa produción anual non poderá ser superior aos 400.000 litros nos últimos dous exercicios anuais cerrados. Son consideradas micro empresas aquelas que ocupan a menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 2 millóns de euros.

Pode consultar as bases a través do seguinte enlace: http://inorde.com/gl/bases-para-participar-como-coexpositor-no-stand-do-instituto-ourensan-de-desenvolmento-economico-inorde-no-salon-gourmets-2022/

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------