Ribadavia pide a Educación un terreo anexo ó CEIP Plurilingüe

O goberno municipal de Ribadavia solicítalle á Consellaría de Educación a adquisición dun terreo anexo ó centro educativo coma unha medida de reforzo e revalorización das instalacións educativas.

O seu uso será de recreo e lecer poñendo a disposición dos centros de ensino un novo espazo para o alumnado. Tamén un uso didáctico, relacionado coa natureza, a vexetación e fauna de ribeira e hábitats acuáticos.

AVANTAR ACTIVIDADES

O terreo conta cunha superficie de 5.446 m2 que se axusta na normativa urbanística aos usos que o Concello de Ribadavia propón, e que revalorizaría os colexios e toda esta zona da vila de Ribadavia. Desde o Concello ofrecen a súa total colaboración á Consellaría de Educación para facelo posible.