VOX Ourense pide ao Goberno municipal adoptar inmediatamente medidas de seguridade nos pasos de peóns

VOX Ourense pide ao Goberno municipal adoptar inmediatamente medidas de seguridade nos pasos de peóns
O presidente provincial de VOX Ourense, Antonio Pérez Álvarez, insta o Goberno municipal a adoptar medidas urxentes para evitar atropelos nos pasos de peóns, porque, “lamentablemente”, estes accidentes disparáronse durante o último ano.
Por ese motivo, o presidente da formación rexistrou un escrito no Concello de Ourense para solicitar que se adopten as medidas de forma inmediata, porque “se trata dunha decisión que afecta á seguridade e á saúde das persoas”, sinalou Pérez Álvarez.
O presidente de VOX Ourense asegurou que, de acordo ca información publicada, as cifras totais de atropelos no Centro urbano da provincia aumentaron en “case un 28 por cento no que vai de ano”, cun total de “46 persoas atropeladas nos últimos 12 meses”.
Por ese motivo, Pérez Álvarez quixo mostrar a súa preocupación sobre a seguridade peonil e denuncia que “as cifras de atropelos nos pasos de peóns son intolerables”, xa que supoñen “unha media de catro persoas ao día”, sentenciou, tras esixir ao Concello de Ourense a “tomar cartas no asunto”. Ademais, o presidente non deixou pasar a oportunidade para lembrar que “a situación empeora no inverno debido a que hai menos horas de luz e máis risco de accidente por falta de visibilidade”.
“Por este motivo, e como cidadán afectado pola falta de resposta das autoridades locais, presento este escrito pedindo que, canto antes, tómense medidas que non requirirían un gran gasto”, indicou Pérez Álvarez.
Medidas que propón Vox Ourense para reducir o número de atropelos en pasos de peóns:
Sinalización iluminada vertical ou horizontal nos pasos de peóns.
Ensanches de beirarrúas nas rúas de difícil acceso peonil.
Nova regularización sobre xiros nas interseccións e estacionamentos.
Campaña de concienciación cidadá, por parte da Policía Local, para guiar aos peóns a que utilicen os pasos de peóns debidamente.
Aprobación Plan de Movilidad.
O presidente de VOX Ourense sinalou que “o cociente de atropelos en relación á poboación de Ourense é moi superior á media noutras cidades, polo que o Goberno municipal debería reformularse que está a facer mal”. Aínda que “non temos representación na Corporación Municipal de Ourense estamos á espera de entrar nas próximas eleccións locais, tal e como apuntan as enquisas”, por iso “non nos imos a quedar de brazos cruzados”, sentenciou Pérez Álvarez.