O corpo da Policía Local incorpora tres axentes e estudase modificar a RPT para ampliar o plantel

Onte, día 1 de febreiro, incorporáronse ó corpo da Policía Local do Carballiño tres novos axentes, de xeito definitivo, logo de realizar as súas prácticas e rematar a formación. Ademais, seguindo este mesmo proceso, o concelleiro de Persoal e Seguridade, Manuel Sotelo, anunciou que para o verán de 2023 volverase a contar con outros tres oficiais con formación xa completa.

O cadro de persoal da Policía Local pasaría así a contar con 14 efectivos. Aínda así, para manter unha cobertura coma a actual e respetando os turnos, o concello plantéxase reformar a Relación de Postos de Traballo para dotar a este corpo de 16 plazas para cubrir.

AVANTAR ACTIVIDADES

Pola súa parte, o xefe da Policía Local, Francisco Valeiras, valora moi positivamente todos estos pasos para reforzar o corpo e considera as incorporacións como algo moi necesario, recordando tamén o gran papel feito polo auxiliares nos últimos meses.

O xefe da Policía destaca o nivel de formación co que chegan os axentes nos últimos anos, sobre todo, algo que mellorou moito e que é de gran axuda.

Os últimos dous anos de pandemia foron especialmente duros en canto a nivel de traballo e tamén obrigou a reinventarse a todos os sectores.