A comarca do Carballiño suma desempregados en xaneiro, mentres no Ribeiro descenden

A situación no sector do emprego deixa no mes de xaneiro unha visión esperanzadora a nivel galego, en todos os aspectos salvo nos servizos, que aínda se están recuperando da pandemia.

Na nosa contorna, o desemprego no mes de xaneiro increméntase lixeiramente na comarca do Carballiño, que ascende dos 1.403 parados ós 1.422. Os únicos que suman activos son Beariz e Piñor. Na outra banda, o concello de Maside é o que máis desempregados suma, cun total de dez, ata os 220 totais. Os demais concellos presentan cifras baixas, sen superar os cinco desempregados novos. Así, Maside e O Carballiño lideran a táboa, este último conta con 847 parados.

AVANTAR ACTIVIDADES

No Ribeiro a situación é mellor, cunha cifra de desempregados que se reduce, dos 784 ata os 778. Cenlle, Castrelo de Miño e Melón son que máis emprego crearon. Mentres que Avión presenta nove parados máis. A capital, Ribadavia, presenta a mesma cifra que o mes anterior.