Axenda cultural desta fin de semana: cine e humor

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Esta fin de semana o Cine Club presenta de novo dobre programa, coas proxección habituais dos venres e unha proxección especial o domingo. Hoxe venres día 11 ofrecerán o filme británico dirixido por Uberto Passolini “Cerca de ti”, gañadora do Premio do Público no Festival de Valladolid. Os pases serán ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 en VOS, ambos no Auditorio Manuel María do Carballiño.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

E tamén no auditorio, pero neste caso o domingo día 13, ás 19:00 horas, en versión dobrada ao castelán, proxectarán a última película de Julian Temple, “Crock of gold”, Premio do Xurado no Festival de San Sebastián, filme centrado na figura de Shane MacGowan, poeta e músico, líder da banda The Pogues. Unha película divertida, triste, incrible e diferente, como a vida do seu protagonista. 

Este sábado, risa e humor

Mañá sábado, ás 21:00 horas, continúa o ciclo de humor “Éche unha risa” no auditorio municipal Manuel María.

Xavier Deltell e Pepo Suevos, un catalán e un galego, presentan este novo espectáculo de monólogos no que durante 90 minutos contarannos as anécdotas máis tronchantes da súa vida…sen censura!

As entradas están á venda en woutick.es , na cafetería A Solaina do Carballiño e na taquilla do auditorio dende 45 minutos antes do comezo do espectáculo.

No cine de Leiro, tenis

O Novo Cine de Leiro actualiza a súa carteleira para esta fin de semana. Neste caso, proxectarán o filme “El método Williams”. É un filme de drama biográfico estadounidense do ano 2021 dirixido por Reinaldo Marcus Green e escrito por Zach Baylin que segue a vida de Richard Williams, o pai e adestrador das famosas tenistas Venus e Serena Williams.

O filme poderase ver o sábado e domingo, ás 17:00 horas e ás 20:00 horas e o luns e xoves próximos ás 20:00 horas. Recordamos que será necesario o certificado covid para acceder.