Moción do PP para a mellora da accesibilidade no concello do Carballiño

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O obxectivo da presente moción é o de poñer o foco de atención nos
veciños e veciñas con mobilidade reducida e/ou con diversidade funcional para
lograr unha mellor accesibilidade nos espazos públicos do Carballiño. Apostar por
unha vila accesible é apostar por unha maior calidade de vida, na medida en que
os equipamentos, servizos e espazos son máis cómodos, máis seguros e máis
fáciles de usar e, por tanto, promoven a autonomía das persoas.
As fallas na accesibilidade aos espazos públicos constitúe unha limitación
de dereitos e liberdades, na medida en que impide ou dificulta o acceso a
cultura, a educación, ás actividades recreativas e deportivas, ou a o normal
desenrolo da vida cotiá.

AVANTAR ACTIVIDADES

Algunhas das causas que impiden a accesibilidade no noso municipio son:

– En beirarúas:

• Altura de bordillos de máis de 12 centímetros.
• Ancho insuficiente
• Ocupación por vehículos, árbores ou plantas, farois,
papeleiras, bancos, marquesiñas e diverso mobiliario urbano.
• Pendentes superiores ao máximo establecido
• Utilización de pavimentos deslizantes
• Entradas a garaxes que impiden o paso en cadeira de rodas

  • Zonas insuficientemente iluminadas.
  • Pasos de peóns mal sinalizados.
  • Ocupación de espazos de paso con terrazas comerciais, decoración,
    etc

Como se pode observar, hai unha serie de deficiencias que deben corrixirse
polo ben de todos e non só polo feito de que todos podemos ter unha
discapacidade transitoria nas nosas vidas, senón polo conxunto de persoas que
todos os días da súa vida teñen o dereito de transitar polas nosas rúas, facer uso
das instalacións municipais ou simplemente pasear con normalidade.
Por elo, a Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade, no seu artigo
5, establece xa a obrigatoriedade para os Concellos de adaptar gradualmente as
vías públicas, os parque e demais espazos de uso público existentes as
condicións de accesibilidade, esixindo tamén que os proxectos de orzamentos
conteñan partidas específicas para estas adaptacións

Artigo 5 Accesibilidade en espazos públicos urbanizados

  1. As vías públicas, os parques e os demais espazos de uso público
    existentes, así como as respectivas instalacións de servizos e mobiliario
    urbanos, deberán ser adaptados gradualmente, de acordo cunha orde de
    prioridades que terá en conta a maior eficacia e a concorrencia ou o
    tránsito de persoas e as regras e condicións previstas
    regulamentariamente, e sen prexuízo dos prazos establecidos na
    normativa básica estatal de aplicación.
    Para tal efecto, os entes locais terán que elaborar plans especiais de
    actuación para adaptar as vías públicas, os parques e os demais
    espazos de uso público ás normas de accesibilidade. Con esta
    finalidade, os proxectos de orzamentos dos entes públicos deberán conter,
    en cada exercicio orzamentario, as consignacións específicas para o
    financiamento destas adaptacións, dentro das dispoñibilidades
    orzamentarias.
    Para cumprir con esta obriga legal faise imprescindible, en primeiro lugar,
    unha análise de cales son as actuacións que deberían levarse a cabo, coa
    redacción de un proxecto de supresión de barreiras arquitectónicas, non so no
    que afecta ao casco urbano, senón en todo o ámbito do Concello, e que
    contemple, polo menos, as cuestións que xa deixamos ditas.
    En segundo lugar, sería necesario detallar cales son as actuacións mais
    urxentes que e necesario levar a cabo de maneira inmediata, e cales son as que
    se terán que ir executando a mais longo prazo. As primeiras terán que ser
    incluídas xa no orzamento do ano 2022, deixando as outras para os anos
    vindeiros, pero sempre seguindo as recomendacións do plan que xa debería estar
    rematado nese momento.
    Por todo isto, propoñemos ao pleno a adopción dos seguintes acordos:
    PRIMEIRO.- Que se elabore un Plan de Accesibilidade para adaptar ao disposto
    na Lei 10/2014 e as súas normas de desenvolvemento, as vías públicas, os
    parques e os demais espazos de uso público, ademais das infraestruturas, os
    edificios, establecementos, instalacións de uso e concorrencia pública, non
    adaptados, xa sexan da súa propiedade ou estean baixo o seu uso, que sexan
    susceptibles de axustes razoables.

    SEGUNDO.- Incluír, de acordo con o previsto no artigo 5.4 da lei 10/2014, nos
    orzamentos para o ano 2022 as partidas necesarias para financiar as adaptacións
    mais urxentes das vías e espazos libres de uso público xa existentes.
    TERCEIRO.- Que nos orzamentos dos anos vindeiros, unha vez rematado o Plan
    de Accesibilidade, se inclúan partidas orzamentarias de acordo coas
    recomendacións do mesmo.