Xunta e CEO poñen en marcha un proxecto para captar e desenvolver o potencial innovador nas empresas ourensás

IES CHAMOSO LAMAS

Conecta Ourense preséntase mañá, martes, coa presenza do vicepresidente segundo da Xunta, Francisco Conde

Conecta Ourense é un proxecto colaborativo que se desenvolverá grazas ao traballo conxunto da CEO coa Xunta, a través da vicepresidencia segunda e consellería de Economía Empresa e Innovación.

HIPER MASIDE

Tras a organización previa da loxística para botar a andar esta iniciativa, mañá farase a presentación oficial nun acto que contará coa presenza do vicepresidente segundo da Xunta, Francisco Conde, e a presidenta da CEO, Marisol Novoa, acompañados polo director do Igape, Fernando Guldrís, e o delegado da Xunta Gabriel Alén.

Conecta Ourense pretende localizar e desenvolver o potencial das empresas ourensás en ámbitos como a innovación ou a dixitalización, mediante accións concretas que se darán a coñecer na presentación de mañá.

Acto – Presentación de CONECTA OURENSE  

Lugar – Salón de actos de la Confederación Empresarial de Ourense

Fecha – martes, 22 de febrero de 2022

Hora – 12:30 horas

Intervienen

  Francisco Conde, vicepresidente segundo y conselleiro de Economía, Empresa e Innovación

  Marisol Novoa, presidenta de la Confederación Empresarial de Ourense

Asisten

Fernando Guldrís, director del Igape

Gabriel Alén, delegado de la Xunta en Ourense