O director xeral de emerxencias visita a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Mancomunidade do Ribeiro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Mancomunidade do Ribeiro. Con esta visita quixo coñecer as necesidades que se presentan no día a día desta agrupación e tamén poñer en valor e agradecer o traballo que fan a diario e en especial a súa dedicación como apoio nesta pandemia.

O director xeral estivo acompañado polo presidente da Mancomunidade do Ribeiro e alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, e polos alcaldes de Arnoia, Cenlle e Cortegada. O alcalde de Leiro agradeceu a visita do director e tamén a súa disposición para dotar ás agrupacións de todo o necesario para o seu traballo.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO