O concello de Leiro aproba os orzamentos e prevé melloras no centro de saúde

O PSdeG-PSOE de Leiro abandonou o pleno extraordinario celebrado o luns alegando falta de transparencia do goberno municipal.

No pleno extraordinario o goberno municipal presentou a aprobación dos o orzamento de 2022, pero tal e como afirman dende o PSdeG-PSOE de Leiro “non tiveron opción de que a oposición poida pedir aclaracións”.

AVANTAR ACTIVIDADES

Pola súa parte, o alcalde, Francisco José Fernández, explicou o motivo de ter que facer o pleno de xeito extraordinario. Tamén se referiu ás faltas de respecto que asegura que o voceiro socialista utilizou nesa sesión.

Ademais, nesta sesión aprobáronse os orzamentos municipais para este ano, cunha cifra dun millón de euros e algúns puntos destacados, como a ampliación da partida para facer cargo o recibo da luz. Algunhas das actuacións previstas son una remodelación na casa consistorial e melloras no edificio do centro de saúde, entre outras.